lunes, 20 de mayo de 2013


SUCESOS DO DIA 10 DE MARZO DE 1972 NA CIDADE DE FERROL

INTRODUCCION……


O ano 72 foi moi importante para Historia da Clase Obreira Galega. O periodo de tempo que vai dende o ano 66 ata os anos 70 e 71 estivo cheo de movilizacions co obxetivo de pedir a liberdade de dirixentes politicos e sindicais. En Ferrol estabase negociando o Convenio Colectivo da Empresa Nacional Bazán, formando parte todo isto dunha loita polas reinvindicacions laborais e contra a Dictadura de Franco.
Bazán estaba formada por tres factorias localizadas en Cartagena, San Fernando (Cádiz) e Ferrol. O Comité de Empresa das factorias de Cartagena e San Fernando estaban dominadas polo Sindicato Vertical, mentres que o Comité de empresa de Ferrol estaba controlado por os membros das clandestinas CC.OO. que utilizaban a cobertura do Sindicato Vertical. Ante o temor de que negociando un Convenio de Empresa xeral  prexudicara os intereses dos traballadores, os obreiros de Ferrol decidiron negociar un Convenio a parte das outras factorias, feito que en un principio foi aceptado pola Empresa, pero que máis tarde sería rechazado pola mesma, ademáis de provocar o despido de algúns enlaces sindicais.


O movimento obreiro en Ferrol, como se comprobou despois, estaba moi organizado e tiña unha alta concienciación política; o que favoreceu que a clase obreira ferrolana xunto co resto da clase obreira galega se colocara no primeiro plano das loitas sociolaborais pola democracia. Bazán (hoxe Navantia), todavía continua na actualidade sendo unha factoría cun elevado nivel de sindicación dos traballadores e iso responde a unha tradiccion.
O 10 de marzo de 1972 data na que foron asasinados pola policia franquista os obreiros Amador e Daniel, quedou marcada como  Día da Clase Obreira Galega, e é conmemorada anualmente polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia coa realización dun acto de homenaxe a tódalas persoas destacadas pola súa loita na defensa dos traballadores.

A importancia desta conmemoración fixo que o Parlamento galego, a instancias do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de Marzo de 1997 unha Declaracion institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecia o significado historico desta data.
Agora, paso a entrevistar a Rafael Pillado Lista o cal foi un traballador da Bazan e un loitador que viviu esos feitos en primeira liña, ao ser membro do Comité de Empresa e un dos fundadores das  CC.OO. de Galicia e tamen dirixente do PCG.
Antes de comezar a entrevista, quérolle  agradecer a Rafael a súa total disposición e colaboracion para poder levar a cabo este traballo.




CONTIDO DA ENTREVISTA
1) Poderías explicarnos brevemente cal era o contexto político-social no que se desenvolveron os feitos do día 10 de marzo do 72.

2) Cales foron as causas que deron orixe ao conflicto?.

3) Cales eran as vosas principais reinvindicacións??.

4) Cal foi o papel do sindicato vertical??.

5) Que forzas políticas e sindicales eran as máis representativas na comarca de Ferrol e na Bazán no ano 72?

6) Cal foi a repercusión que tiveron esos feitos para Galicia e para o resto España?.

7) Como respondeu a ditadura diante destes acontecementos?

8) Cal foi a actitude da igrexa durante estes anos?



9)Teño entendido que en Ferrol habia un forte movimento obreiro moi concienzado que levou a cabo unha larga loita polas liberdades, polos dereitos dos traballadores e ao mesmo tempo unha loita antifranquista. Que podes dicirnos sobre isto?.

10) Pensas que esta loita que levachedes a cabo naquel intre pode server de guía ou inspiración para resolver os problemas que ten planteado la sociedade de hoxe con motivo da actual crisis económica e tamén na procura de conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Foi moi enriquecedor para min, poder falar cunha persoa como Rafael.

Este traballo sobre os sucesos acontecidos no Ferrol en Marzo do 1972 podemos encadralo no contexto da recuperación da Memoria Histórica Democrática de Galicia.

Vendo o video da entrevista a Rafael Pillado, penso que nos pode server como guía para posibles loita que teñamos  que librar no futuro.

Ferrol, 17-18 de Mayo de 2013.