domingo, 16 de diciembre de 2012

OS IRMANDIÑOS

E VIMIANZO





A Clave das revoltas populares en Galicia entre os anos 1467 e 1469 hai que buscala nas continuas presións económicas e abusos dos señores feudais sobre os labregos, apoiadas polos burgueses das cidades que desexaban maior autosuficiencia na súa administración sen o control exercido polos grandes nobres de Galicia, especialmente durante o reinado de Enrique IV.


Nace nas cidades o xermen do levantamento, apoiada polo labregos, o baixo clero e algúns señores feudais da pequena nobreza que buscaban mellorar a súa situación. Calcúlase que uns 80.000 Irmandiños levantáronse en Galicia contra o poder establecido nestes anos, segundo as testemuñas de Juan de Melide no preito Fonseca-Tabera. Os Irmandiños derrocaron máis de 130 fortalezas, entre elas as Torres de Vimianzo en mans dos Moscoso.

Pese ás rápidas vitorias dos Irmandiños, o levantamento durou pouco tempo. Incapaces de controlar a situación debido á debilidade dos mandos, á falta de consistencia das Irmandades e á variada posición dos sublevados, os Irmandiños non puideron facer fronte á volta dos grandes señores que, recibiron axuda do rei e nobres de castela, retorna fortalecidos para acabar coa rebelión.



Algúns Irmandiños foron mortos (aforcados en carballos, como fixo cos rebeldes Pardo de Cela), outros obrigados a reconstruír as fortalezas traballando durante anos na súa edificación, así foi reconstruído o castelo de Vimianzo e así é como o coñecemos hoxe.


O Castelo


O Castelo de Vimianzo foi reconstruído a finais do século XV sobre unha fortaleza máis antiga (do S.XII ou XIII) como amosan os muros descubertos no interior do patio. O castelo, rodeado dun profundo foso, consta dunha planta poligonal irregular, catro torres rectangulares (unha delas conserva aínda as ameas en punta de diamante, a chamada Torre de Homenaxe), un patio de armas e outras dependencias.




Esta Fortaleza estivo longo tempo ligada a familia dos Moscoso, en 1464 figura como dono da fortaleza Bernal Yáñez de Moscoso, quen mantivo preso ao Arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca, entre 1465 e 1466. Un ano máis tarde a fortaleza dos Moscoso foi derrocada polos Irmandiños. Finalizadas as revoltas, Alonso de Fonseca apodérase da fortaleza e obriga aos propios Irmandiños á súa reconstrución. Volve as mans da familia de Moscoso no 1472. No último terzo do século XIX, Ramón Marcelo Núñez, pai do poeta Evaristo Martelo, compra o castelo. Actualmente pertence a Deputación da Coruña e utilízase a maior parte do ano para exposicións e mostras de artesanía en vivo.


A lenda do aforcado


O cronista da época, Vasco da Ponte, sitúa os feitos en 1471. Nese ano as Torres de Altamira –en Brión, lugar matriz dos Moscoso– pasan a ser desputadas no campo de batalla polas tropas do arcebispo compostelán Alonso II de Fonseca.

A relación coa familia dos Moscoso tiña como precedente principal oficiar o casamento de Don Lope Sánchez de Moscoso con Constanza Gómez Pérez das Mariñas, cuxo matrimonio fora declarado nulo por consanguinidade (ademáis de outras cuestión declaradas, como p. ex. que “non era home para muller”). Para intentar compensar ao conde, o mesmo arcebispo volve a casalo coa súa irmá Aldonza de Acevedo y Fonseca, contra a súa vontade. Tal é así que o noso cronista recolle que esta muller “foi aquela condesa de Altamira que se aforcou en Santiago”.


Naquela primeira batalla –a de Altamira– as tropas do arcebispo son derrotadas. Nunha segunda batalla continuadora do movemento irmandiño –a do Castelo de Vimianzo, en posesión do arcebispo nesa época– as tropas lideradas por Lope Sánchez e outros fanse co Castelo e prometen non facer mal aos sometidos. A todos salvo a un, o peón Fernando de Xinzo, a quen quería tan mal (non se sabe o motivo, máis alá de ser un home de confianza do arcebispo e do que se sospeita que pertencera ao bando de Lope Sánchez) que o mandou aforcar.

Logo de facer todos burla del, é levado á forca. Xa en pleno aforcamento, Fernando de Xinzo chama pola Nosa Señora de Guadalupe para que interceda por el. De súpeto, unha forte treboada fai a súa aparición e tanto os executores como os espectadores foxen; a corda creba e o aforcado cae ao chan. Aínda con vida, logra ponerse en pé e fuxir cara ao monte. Máis tarde, coa axuda dun compadre pasa un ano en Guadalupe e logo volve á súa casa, rouco para a toda vida pola presión daquela corda.

















domingo, 25 de noviembre de 2012

Dolmen de Dombate

Dombate, símbolo de Galicia

Situado na  Parroquia de Borneiro, no municipio de Cabana de Bergantiños, o Bardo Eduardo Pondal rindió poético homenaxe ao Dolmen de Dombate como símbolo da  antigua historia de Galicia :

Agora que pasan os meus anos xogorales,
agora que só vivo de tristes suidades,
que cumpro con traballo meu terrenal viaxe,
e que a miña cabeza branquea a grave edade,
ainda recordo, ainda, o Dolmen de Dombate.
Borneiro, uns dos primeiros castros galegos



A Cidade  Celta de Borneiro, descuberta en 1924 por Parga Pondal e Pérez Bustamante, é un dos máis antigos asentamientos de poboación conservados en Galicia. Construído no s.VIN a.C., o castro mostra as típicas características do primeiro hábitat dos galegos.
O castro, emplazado na ladera este de un outeiro, está defendido por fosos e muros dunha extensión de 90 m. de longo por 55 m. de ancho. O poblamiento garda máis de 36 habitacións en formas ovoidales e rectangulares, con mínima separación entre as construcións. Entre a rumorosa brisa dos piñeiros pondalianos, no fondo do val, divísase o mar que baña o espazo natural do Monte Branco, en terras de Ponteceso.
Para rematar escribo uns versos do autor Eduardo Pondal que falan sobre este castro:

Ao pé do castro verde,
ben os mira pasar ;
que en masa escura e informe
axuntados están,
e na nativa costa
os escoita fungar ;
parécelle que soan
intrépido compás,
cuida que do combate
murmuran o sinal ;
en escadrón formados
cal xente de Breogán.

Eduardo Pondal 

jueves, 22 de noviembre de 2012

Fornela dos Mouros

El dolmen de Fornela dos Mouros está situado na parroquia de San Simón de Nande , preto do lugar de Aprazadoiro . Este dolmen data de entre o 2500 e o 2000 antes de cristo.





Presenta unha planta rectangular e está formado por tres losas verticais e unha que serve como cuberta horizontal .Su altura é de 1.35 , 2.57 de ancho. A pedra da cuberta mide 2.70 metros.
Os historiadores dudan de que se esta construcción é en realidade un dolmen polas dimensións reducidas e porque se encontra nun lugar pedregoso e pouco propicio aos enterramentos . Se trata dun arca ou caixa megalítica . Nela os druidas realizaban sacrificios e ritos relixiosos. 


Druidas



Os druidas eran uns dos grupos máis importantes (xunto aos nobres), eran responsables de organizar o culto, los sacrificios, la adivinación u oráculo e os procedimientos xudiciais .








domingo, 21 de octubre de 2012

Galicia : Pasado , Presente e Futuro





Aquí ven o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Chega a democracia e comeza a verse o día. 
 Galegos e galegas melloran a súa vida . 
Chega a igualdade de oportunidades 
e ata os fillos dos pobres van as Universidades.

Agora chega ese futuro 
Que pasará coa nosa Galiza??
 
                                                                 

                                           











 Comezo o meu blog con esta poesía de Rosalía de Castro musicalizada por luz C asal 


sábado, 20 de octubre de 2012

Día de reflexión

Hoxe , rematada a campaña electoral , os galegos temos un día para reflexionar sobre a nosa postura ante as eleccións do día de mañá . 
 
A maioría das persoas queren castigar aos políticos pola súa incopetencia e gran nivel de corrupción :   non exercendo o seu dereito ao voto ou ben votando en branco .

Eu , se poidera votar , non sabería moi ben como expresar o meu descontento coa actuación da maioría dos  
gobernantes xa que neste momento   non se sabe hacia onde tira cada partido : 

-O PP moito prometer e pouco  facer ou facer o contrario , e sempre favorecendo á clase privilexiada , destruíndo todo o conseguido (sanidad , educación... ) 
-O PSOE xa non é un partido de esquerdas , con enfrontamentos no seu interior polo poder ...
-O BNG tamén defraudou a moita xente . 

O  partido que menos me desagrada é o  AGE  . Un partido liderado por  Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras (un referente de esquerdas en Galicia ). Tanto un coma outro parécenme persoas honradas e traballadoras e que van a loitar polos dereitos de todos os traballadores e traballadoras .

Agora só quedan 24 horas para saber o futuro de Galicia .