Puiden visitar a localidade de Carral, Na coruña, onde coñecín algúns enclaves realmente interesantes e carguei de historia e encanto.
Nesta localidade deuse un feito histórico que hoxe en día é recordado con gran respecto e seriedade por parte de todos os seus habitantes e que cun impoñente monumento á entrada de Carral se segue recordando dende entón.

Cando o pronunciamento recibe o apoio civil, o grupo de provincialistas, que eran de ideoloxía progresista, toma un papel moi activo e ocupa postos de gran responsabilidade nas xuntas revolucionarias. É daquela cando se comezan a advertir nalgunhas proclamas da Xunta algunhas ideas que non aparecen nos manifestos progresistas convencionais.
As reivindicacións provincialistas

O carácter galeguista do movemento é nidio nos manifestos publicados pola Xunta Superior.E ese carácter autónomo tamén se percibía nos actos: o día 16 publica un decreto polo que se adoptan as primeiras medidas económicas e administrativas: nulidade de todos os actos do goberno de Madrid dende o día 2 de abril, sometemento de todas as xuntas a Xunta Superior do Reino da Galiza, abolición do sistema tributario, e supresión da policía.
Os provincialistas galegos teñen unha ideoloxía marcadamente progresista, ao igual que case todos os movementos nacionalistas xurdidos en Galiza dende entón.
De Cacheiras a Carral
O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral La Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras entre as tropas de Madrid e as galegas de Solís, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia e as tropas de Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, como se lles prometera. Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario, entregouse aquela mesma tarde.
Tres días despois, un xuízo sumarísimo condenouno a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo aos simpatizantes do coronel que había nestas cidades. Manuel Murguía, que daquela era aínda un cativo, foi testemuña directa do asalto das tropas invasoras a San Martiño. Canda a Solís, foron fusilados en Carral doce dos seus oficiais. Anos despois os trece executados foron designados polo goberno como 'beneméritos da Patria' e ordenouse a construción dun monumento en Carral, que non foi efectivo até 1904, por iniciativa da Liga Galega da Coruña.

Na derrota nacen os mártires
O galeguismo político, convertido xa en nacionalismo tomou aos 'mártires de Carral' como referente simbólico, realizando homenaxes masivas ao pé do monumento nos aniversarios dos fusilamentos, como o que tivo lugar o 26 de abril de 1931, e no que destacou como orador Manuel Lugrís Freire

No hay comentarios:
Publicar un comentario