sábado, 30 de marzo de 2013








Ferrol é un lugar onde tradicionalmente gustou cantar. Non hai comidas, ceas ou celebracións, que eu recorde, onde a longa sobremesa non se dedicase a botar boas cantadas acompañadas ou non dunha guitarra. Estes recordos remóntanse aos meus avós e posteriormente aos meus pais e familiares. Calquera reunión remataba da mesma forma, cantando aquelas abaneras e, mesmo, cancións populares feitas por ferrolanos para Ferrol e bisbarra. Mesmo existe unha noite, o 19 de Marzo, na que todas as agrupacións e coros saen á rúa dende tempos inmemoriais a cantar ás "Pepitas" que, en definitiva son as mulleres de aquí.

Por iso, Ferrolterra foi berce de grandes músicos con maior ou menor éxito, pero dedicou á música en corpo e alma. Antano con guitarras españolas e bandurras deron paso a grupos eléctricos e músicas modernas, dende Juan Pardo ou Andrés do Barro a Los Sprinters .


Los Sprinters foron o grupo musical por antonomasia de Ferrol, dos anos sesenta. Esta formación fundouse entre 1965 e 1966, cando xa outros paisanos seus, Los Player’s tiñan gravados un par de discos… Pero aínda así, Los Sprinters son a banda que perdura na lembranza, e é moi común hoxe en día, que cando a un ferrolterrán se lle pregunta pola música daquela época, este se refira a eles coma «os nosos Beatles».


No Ferrol da segunda metade da década dos sesenta, a música se vivía dun xeito moi intenso. Ademais de Los Player’s e Los Sprinters, existían outros grupos ferroláns coma: The Silver Dragons, Los Telstar, Los Frap, Los Zares, Los Redógenos, Los Truenos, The Wryders, o Grupo Jockeys, de Narón, etc… pero tamén solistas como Andrés Do Barro, Vicente Araguas Álvarez, Xosé Manuel Lasén «Marcof», Xoán Rubia Alejos (que era natural de Mugardos)…, dúos folk coma Emilio e Fernando, etc… E había un montón de lugares onde se podía tocar, en directo, coma o «Bambú Club», «El Parque», «Breogán»…
Xa nos 70 xurdiron bandas como Azucre ou Réquiem que deron paso a Los Limones e demais.

Tamén houbo un grupo de xente que aínda que non eran profesionais formaron grupos que actuaban en festivales en colexios, como por exemplo no Tirso.Algúns destes grupos eran os Stones, que tocaban polos Beatles e o os Rollings. Outro era "Emilio el mexicano" que tocaba por Jimmy Hendrix. Outros eran Alberto e Daniel que imitaban a Simon e Ganfunkel.

Pero, que é hoxe da música rock en Ferrol e Ferrolterra? Poidovos mostrar un avance.

Un dos grupos máis destacables de pop rock son os Padel Rock , a continuación vai unha entrevista que lle fixen a Marcial , o batería deste grupo ex batería dos limones , e un bo amigo meu.


video
Na actualidade en Ferrol contamos con moitos futuros talentos da música en todos os ámbitos e estilos. Aínda que non contan con "padriños" que os axuden a ter éxito, pero a pesar de todo non perden as ganas de seguir disfrutando da música.

Para rematar vouvos presentar a miña prima , futura pianista dalgún grupo de estes.




video



























No hay comentarios:

Publicar un comentario