lunes, 29 de abril de 2013






CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CEDEIRA



INTRODUCCIÓN

Desde fai moitos anos a miña familia pasa as vacacións de verán en Cedeira.Sempre que o tempo o permitia,meus primos e máis eu xogabamos no parque que hai no Camiño Real da Madalena.Como todos os nenos e nenas o que buscabamos era pasalo o mellor posible .





Ningún de nós sabía o que non fai tantos anos estivera alí ubicado.

Un día oín a meu avó falar con un amigo sobre os fusilamentos que tiveran lugar en Cedeira durante a Guerra Civil.Comecei a facer preguntas pois iso non me parecía unha realidade senón esceas de calquera película bélica.Despois dunha larga conversa contáronme a historia do Campo de Concentración.

Agora ,cando vou ao centro da vila paso por ese parque e penso que o que neste tempo se fixo para pasar o tempo de lecer ,durante a Guerra Civil foi un lugar onde moita xente o pasou francamente mal ,e moitas persoas non puderon contalo porque foron paseados e fusilados ou morreron de tuberculose. É posible ,segundo dín os investigadores,que haxa enterramentos na praia de Vilarrube.

Afortunadamente ,sempre hai xente valente e solidaria como aquelas mulleres da vila que achegabánse á fábrica con cestos de comida para darlle aos presos e desafiando ás autoridades e á vixilancia a que estaban sometidos os que estaban alí retidos.

Fai tres anos(2010) a asociación da Memoria histórica xunto co alcalde de Cedeira naquel momento,Xosé Luis Vergara, decidiron facer un acto como homenaxe a todas as persoas que foron represariadas en el campo de concentración de Cedeira.Ao acto estivo invitado o presidente do Principado de Asturias así como unha representación de familiares dos represariados .O acto ao que acudín cos meus pais foi moi emotivo ,deume gusto escoitar a xente que alí foi .Ao final cantáronse os himnos de Asturias e Galicia.Tamén se levantou un monolito en memoria de todas as víctimas.








Agora vouvos contar o que dín os historiadores sobre este tema.


CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CEDEIRA

Croquis do Campo de Concentración.


A memoria colectiva de Cedeira garda a historia dun campo de concentración que durante a Guerra Civil montaron os alzados na zona. Era 1937 cando a caída da fronte de Asturias en mans dos franquistas, por iso moitos dos reclusos eran republicanos asturianos, enviados á retagarda como prisioneiros. A escritora PiarCebreiro, no seu belo relato El cinto traído de Cuba, recolle estes retallos do recordo colectivo ao facer mención aos asasinatos de presos na praia de Vilarrube. Segundo o historiador Enrique Barrera Beitia, que buscou o sustento documental, o campo chegou a ter 724 presos, en pésimas condicións de hixiene, motivo polo cal en 1938, xa axustizados parte deles, o recinto foi pechado e os reclusos trasladados a outros centros.
O historiador indica que o campo se encontraba nunha antiga fábrica de salgaduras pertencente ao líder falanxista cedeirés Manuel Soto, situada no que hoxe ocupa o paseo marítimo e onde se construíu o monumento en lembranza . Estaba vixiado no exterior por soldados e no interior por milicianos falanxistas. Algunhas noites escoitábanse disparos contra os presos, que se fuxían cara á praia de San Isidro.
Os primeiros asturianos chegaron no Monte Junquera, un pequeno buque de pouco máis de mil toneladas. Parte deles foron obrigados a construír parte dunha estrada do pobo, a memoria recórdaos cantando. Este tipo de campos -en toda España chegou a haber 72- utilizábanse para a clasificación dos presos da categoría Á a D. Os da C, para os xefes e oficiais e activistas republicanos, evidentemente eran os que máis perigo corrían. Habíaos dende menos de 16 ata os 50 anos. Barrera conseguiu boa parte dos nomes a través dos padróns municipais de Cedeira, porque a maioría foron rexistradas como transeúntes. Sabemos así tamén as súas profesións, moitos deles mariñeiros, mineiros, metalúrxicos e outros traballos manuais, pero tamén empregados de colo brando e, mesmo, un xornalista.

Praia de Vilarrube onde foron asasinados e enterrados moitos dos presos do Campo. 

Parte dos C foron os que acabaron asasinado en Vilarrube. Non obstante, o historiador explicou que Memoria Histórica Democrática tratou de localizar a foxa común en que foron enterrados, sen conseguilo, a pesar de que se utilizou un georradar. Non obstante, por medio de fotos aéreas de 1956 e 2001 obsérvanse movementos de terras. Por iso crese estar preto da tumba, aínda que non existe certeza absoluta. O historiador achou no arquivo do Partido Comunista de España (PCE) un informe dun grupo guerrilleiro antifranquista de 1948 que dá conta do axustizamento dun tal Cheda, en Cedeira, ao que axustizaron por ser un dos falanxistas participante nos crimes. Os guerrilleiros informaron o cura dos motivos para que informase as autoridades e non se tomasen represalias contra veciño ningún.
No 2005, os historiadores conseguiron testemuños orais de anciáns que confirman polo menos dúas execucións de presos na praia deVilarrube.
O campo de concentración, aínda que o grupo máis numeroso era o formado por asturianos, tamén albergou reclusos doutras procedencias, como un tal Julián Lucas Guandalán, madrileño; Aquilino Martínez González, de Riolo (Lugo); Wenceslao Lista Alfavián, de Ponteceso; Juan Lago Santiago, de Muros; e o mariñeiro mugardés Antonio Rey Bouza.


Agora vamos a lembrar os actos que se celebraron na Vila de Cedeira en lembranza de todas as persoas que estiveron no Campo de Concentración.


NOTICIAS RELACIONADAS COA HOMENAXE CELEBRADA EN CEDEIRA


Homenaxe ás vítimas da represión .

Domingo 31 Outubro 2010 as 12:46 pm Cedeira chora ás vítimas da represión de 1937 no campo de concentración da vila. Os actos de homenaxe aos reclusos sucedéronse durante toda a mañá

«A democracia e Cedeira agradecen esta sentida homenaxe a aqueles que sufriron o odio e a ignorancia». Con estas palabras inaugurou onte o alcalde da vila mariñeira, José Luís Vergara, o acto en recordo das vítimas da represión no campo de concentración que durante a Guerra Civil montaron os alzados na zona.

Desde primeira hora da mañá, familiares, amigos e veciños das vítimas levaron polas rúas a historia dos reclusos, moitos deles republicanos asturianos enviados á retagarda como prisioneiros. Por iso, os ombreiros de moitos visitantes foron abrigados por bandeiras do Principado, enchendo de cor azul un día gris marcado pola choiva e polas bágoas que deixou o recordo da guerra e das súas consecuencias.

O drama nunha fábrica de salgadura .

Domingo 31 Outubro 2010 as 12:00 pm«Construíron unha vergoña nas nosas terras, atemorizando aos que buscaban a liberdade»

O campo de concentración de Cedeira foi creado en outubro do ano 1937 e ocupaba as instalacións dunha fábrica de salgaduras pertencente ao líder falanxista da vila, Manuel Soto.

Tal e como explican os directivos das asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, o recinto, a menos de cen metros do núcleo da vila mariñeira, estaba acoutado por un valado de catro arames espiñentos.


Entrevista ao presidente do Principado de Asturias Álvarez Areces.




Venres 29 Outubro 2010 as 10:59 am O presidente do Principado de Asturias: “É necesario rescatar do olvido a todos os que estiveron en campos de concentración”

O Presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, será un dos 60 asturianos que mañá asistirán en Cedeira ao acto de homenaxe que recibirán as vítimas da represión e os presos do campo de concentración que no seu día transformou unha fábrica de salgadura nun presidio. Corría o ano 1936.

Con motivo deste reencontro coa historia máis gris dunha vila que soubo atopar na pesca e o turismo o seu máis inmediato futuro, Diario de Ferrol tivo a oportunidade de entrevistar ao titular do Executivo asturiano sobre cuestións relacionadas cunha iniciativa que partiu das asociacións Memoria Histórica Democrática de Ferrol (MHD) e Fuco Buxán.

Benvida do alcalde á delegación asturiana.





Venres 29 Outubro 2010 as 10:37 amVergara: “Areces ven a Cedeira a facer borrón e conta nova



"Agradezo ao presidente do Principado de Asturias que accedese a vir para facer borrón e conta nova na historia de Cedeira". Con estas palabras, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, mostraba onte a súa gratitude cara á delegación asturiana por implicarse tan directamente nun acto que, para o primeiro edil cedeirense, "é motivo de alegría por canto representa unha magnífica oportunidade de render homenaxe a toda a xente que estivo no campo de concentración e aos veciños de Cedeira que foron perseguidos polas súas ideas políticas durante a guerra civil e a ditadura". José Luís Vergara entende que o reencontro que se producirá mañá servirá para restituír a "dignidade política e moral" daquelas persoas que "nunca deberon ser acusadas de nada".





Con este pequeño traballo quero facer a miña particular homenaxe ás vítimas do Campo de Concentración de Cedeira e de tódolos campos que houbo en España durante a Guerra Civil.




No hay comentarios:

Publicar un comentario