martes, 23 de abril de 2013

FRANCISCO MARTINEZ LEIRA-"PANCHO", O GUERRILLEIRO MÁIS COÑECIDO DA BISBARRA FERROLANA.









Na aldea de Ombre (Pontedeume), naceu Francisco Martínez Leira coñecido por Pancho un dos guerrilleiros máis coñecidos da bisbarra.








Ombre na actualidade

Foi soldado nun Batallón do Terzo durante a Guerra Civil española. A finais de 1939, licenciouse da mili e ingresou como operario de carpinteiros de bancadas na Empresa Bazán onde coñeceu xentes da ANDF (Alianza Nacional de Forzas Democráticas). Casouse e trasladou a súa residencia ao pobo de Mugardos.

As súas primeiras accións centráronse na recadación económica e na repartición de propaganda. Tamén participaba en reunións de discusión política con algúns dos seus compañeiros de traballo e veciños máis coñecidos.Tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azucre que se desencadena en Bazán no ano 1946, buscóuselle por asociación ilegal e para eludir a detención, el e dous compañeiros ( o Mergullador e o Choni) decidiron fuxir ao monte e unirse á guerrilla o día da festa patronal da aldea de Mehá (Mugardos).Debido ao seu historial militar, Pancho era temido polos seus perseguidores.

Fragas do Eume


A súa primeira acción guerrilleira foi a execución do falanxista Muñiz, o día 1 de xaneiro de 1949, no café Mugardés máis coñecido como o Bolichero (Mugardos). Ían a por Manuel Vázquez, coñecido como El Pescas, que era o alcalde do municipio. Ao encasquetarse a pistola, o alcalde puido escapar a través dunha escaleira de caracol que daba a un patio traseiro. Foi Arsenio Muñiz o que recibiu os impactos de bala, caendo morto no acto.

A raíz desta morte, a Garda Civil asasinou en represalia catro traballadores o día 3 de xaneiro de 1949. Foron trasladados ao cuartel da Garda Civil de Ferrol, naquela época estaba no peirao. Detrás do cemiterio de Catabois aplicóuselles a lei de fugas. Entre os mortos estaba o marido da súa irmá.











Pancho reaccionou e a partir de aí seguiu na guerrilla, ata a súa morte o 31 de decembro de 1954 que foi asasinado en Ombre.

Mugardos é un pobo pequeno e a represión na guerra e na posguerra foi bestial. A familia de Pancho (a súa irmá e sobriños) nos últimos tempos, sufriron o acoso da Garda Civil,buscaban a Pancho, tivéronos incomunicados e retidos na casa, eran os veciños os que lle subministraban todo o que puidesen necesitar.

O día que Pancho se escapou na Faisca ferido, a Garda Civil rebusco na casa, estaban convencidos de que estaba escondido alí, ao non o encontrar rebentaron as baldosas, fixeron buratos e levantaron as madeira dos cuartos. Como represalia e para intentar que Pancho se entregase levaron detidas as súas irmás e o seu sobriño. Consciente de que a súa situación era complicada, tomou a decisión de marchar ao exilio. Necesitaba diñeiro e foino a pedir un parente de Ombre, fixándolle data para ir a retiralo. O parente púxoo en coñecemento da Garda Civil, quien púxose a vixiar as proximidades da casa, hasta que conseguiron o seu objetivo:matar a Pancho.



Pancho, enfrontouse con valentía e coraxe á ditadura franquista, tería salvado a vida de ter aceptado marchar ao exilio no ano 1950. Non o fixo por problemas persoais cun superior da guerrilla. O PCE por indicación persoal de Carrillo, enviou a Galicia a unha persoa co obxectivo de levarse a Pancho, pero este rexeitou a oferta. De regreso a Francia, expuxo ante os responsables da dirección do PCE a negativa de Francisco Martínez Leira Pancho.

Foi enterrado no cemiterio da Gudiña (Ombre). Anos despois, os seus familiares trasladaron as súas cinzas ao cemiterio de Mehá(Mugardos).







Con este pequeno traballo sobre Pancho teño o obxectivo de traer a nosa memoria a historia duns guerrileiros mais populares da nosa bisbarra.




































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario