domingo, 24 de febrero de 2013




Ría de Ferrol: unha paisaxe ferida







Nace do río Xubia e faise verdadeira ría ao pasar a ponte Das Pías, alá onde os grandes estaleiros seguen desafiando vellas crises. É en principio ría marisqueira. A ría de Ferrol ofrece pola súa configuración privilexiada unhas magníficas condicións á vida mariña por constituír un perfecto abrigo dos ventos dominantes e os temporais.






Pero hai que navegar hasta Punta Leiras e chegar a Mugardos para descubrir a súa verdadeira riqueza. Fronte a Mugardos, que é vila atractiva nacida aos pés dun castro, está o mar do polbo, o máis saboroso dos moitos froitos destas augas.
Dende o mar, Mugardos é unha postal mariña. Co seu porto e a súa fachada marítima. Pero a Ría de Ferrol é ámbito natural de gran valor paisaxístico se nos subimos aos miradoiros máis próximos ou se a contemplamos dende calquera das fortalezas que a fixeron inexpugnables: a da Palma e a deSan Felipe.Bienes culturais que aínda poden converterse en Patrimonio da Humanidade-contemplándoas dende o mar ben se entende a grandeza defensiva desta enseada "onde nunca se aventurou a entrar frota inimiga".






Esta é a descrición que podemos atopar en calquera portal de internet sobre a Ría de Ferrol. Agora, que pasará dentro duns anos? En Ferrol atopámonos con tres graves problemas que poñen en perigo a nosa ría:

· A falta dunha planta que depure as verteduras urbanas e industrais ( en execución )

· Recheos que se fixeron na ría.

· E a última e máis importante, a planta de Reganosa, da que vou a falar.

As leis son semellantes ás teas de araña: deteñen ao débil e lixeiro e son desfeitas polo forte…

O noso mar, as nosas rías limpas e saneadas, son a mellor e a máis productiva e verdadeira piscifactoría. A que desde sempre foi fonte permanente de riqueza para este pobo, de riqueza socialmente compartida, posto de traballo para miles de homes e mulleres: a pesca e o marisqueo tradicionais e sustentábeis que estas empresas e este abandono ameazan destruír.












Destrúen, degradan e usurpan o que é de todas e todos ou de ninguén: o ambiente, os recursos naturais, a paisaxe e o territorio. Un rosario de industrias perigosas segue a espallarse polo país.
E se dicimos industria perigosa temos que dicir ben alto: Reganosa, Reganosa, na Ría do Ferrol, é un exemplo sangrante de temeridade, irresponsabilidade e desprezo pola cidadanía.

Cando se empezou a construir o porto exterior, fíxose co obxetivo de instalar alí a planta de gas. Pero unha vez máis, os intereses industriais-especulativos son maís importantes que os intereses da cidadanía e os da Ría de Ferrol en xeral: non se pensa na contaminación, na paisaxe ferida, nos fondos mariños,( e nas persoas que viven do marisqueo) e sobre todo, na seguridade dos habitantes da comarca de Ferrol.






E a planta de gas foi a parar a Mugardos. A moita xente tapáronlle a boca ofrecéndolle un posto de traballo, pero na práctica, non xenerou tantos postos de traballo como dicían. Moita xente segue a loitar polo cambio de ubicación da planta de gas, como se pode ver neste vídeo.Pero, a pesar de todo, sentencia incluida, aí segue.E nós, tamén debemos seguir loitando pola conservación da nosa Terra.



http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=SCl5TzlydqU

http://youtu.be/SCl5TzlydqU




No hay comentarios:

Publicar un comentario