miércoles, 20 de febrero de 2013

REAL VILA DE MUGARDOS







A miña orixe paterna é Mugardos. Mugardos atópase xeograficamente no Golfo Ártabro. Os Romanos foron os que deron nome a este golfo, como referencia dos pobos que vivían nestas costas, os ártabros.
A vida de Mugardos estivo sempre vencellada ó mar; a súa historia non se concibe sen relación co mundo mariñeiro, de feito, a súa industria é servizos foron é son, o sustento e a fonte de riqueza da meirante parte dos mugardeses.
En Mugardos todo xira arredor do mar, un mar dónde o polbo, é o rei e o  protagonista indiscutible. Tanto é así, que no peirao celébrase o segundo sábado do mes de xullo a Festa do Polbo, unha xornada de exaltación do rei da gastronomía mugardesa, coa degustación do chamado Polbo á Mugardesa, receta típica e distinta, propia da localidade, gaiteiros e charangas incluidas.




O turismo que podes atopar en Mugardos é un turismo distinto, non masificado, ideal para o paseo, onde a natureza reina por riba de todo.
Administrativamente, atópase na zona norte da provincia da Coruña, na beira meridional da ría de Ferrol, integrado polas Rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol. Mugardos pertence á comarca de Ferrol, caracterizada por unha paisaxe verde e a beleza da súa costa, sendo paso ineludible do chamado camiño inglés a Compostela.  O Concello de Mugardos ten uns 5600 habitantes aproximadamente, distribuidos en catro parroquias que o son: Piñeiro, Franza, Meá é Mugardos.

PUNTOS DE INTERESE TURÍSTICO.

Os puntos de interese turístico , sempre relacionados coa paisaxe, máis destacados son:

O Castelo da Palma: fortificación a altura da estreita boca da ría de Ferrol, como infraestructura de apoio e defensa da ría do Ferrol co Castelo de san Felipe na beira oposta. Éstas fortificacións formaban un poderoso e insuperable triángulo de fogo e ademáis permitían a colocación dunha cadea que impedía a entrada de tropas inimigas, xogando importantes papeles estratéxicos.
O Peirao: típico lugar de porto de mar, dedicado para o paseo de mugardeses e turistas e con unha amplia oferta de locales onde degustar diferentes especialidades da gastronomía.  

O Cú da Raiña: No ano 1690, a princesa Mariana de Neoburgo veu para casar co rei de España Carlos II.Recalando en Mugardos, obrigada pola bravura do mar, desembarcou nunha pequeña e redondeada rocha ó pé do Castelo da Palma. Dende aquela, recibe o nome de Cú da Raiña, convertido hoxe nun pintoresco recuncho de grande interese turístico.

TRADICIÓNS MUGARDESAS:

A capela de san Antón: Romería que se fai todos os anos o 13 de Xuño.



 As rondallas: Tradición moi arraigada e cuxo día grande é a noite do 18 de Marzo.

 O voto de Chanteiro, que como conta a historia, ten a súa orixe nunha das pestes que afectara a comarca ferrolana en 1404, xa que existía en Chanteiro unha ermida baixo a advocación da Virxen dos Remedios e da Mercé. Orixe desta ermida está no descubrimento dunha imaxe da Virxen por uns pescadores ó pé dunha fonte . Esta ermida era a qué vían os pescadores tanto ó entrar como ó sair da ría. Saúdabana cos remos en alto e tíñanlle gran devoción. A ela acudiron os representantes das vilas da comarca para implorar á Virxen a desaparición da epidemia. A epidemia remitiu e as xentes da zona decidIron renovar a visita á ermida ofrecéndolle á Virxen 6 libras de cera.

Unha costume popular entre a xente mugardesa era e é inscribir a seus fillos nos centros culturales e deportivos do lugar, destacando: o Club de Remo, o Club de fútbol “Galicia de Mugardos” e as Rondallas.



Os primeros anos da miña vida paseinos en Mugardos. Non foron moitos , eu era moi pequeño cando me vin a vivir a  Ferrol, pero sempre tiven contacto coa miña familia e vou a míudo. Gústame ir alí  sempre  en torno a unha boa comida e recordos  familiares. Cóntanme que os meus tataravós eran homes de mar, e os meus bisavós foron emigrantes en Cuba e en América, tornando cando xa estaban xubilados. Eu non os coñecín, so sei  deles polas historias que me contaron os meus avós. O meu pai adícase tamén ao mar, pero en outros ámbitos. 
Os meus lugares preferidos do pobo son as rutas de senderismo , o peirao,  a pequeña Praia da Bestaruza, da que vivin preto dela e as espectaculares vistas que se poden admirar dende Montefaro.
Para rematar, dicir, que Mugardos é un lugar tranquilo, poboado de xente activa e traballadora. É un bo lugar para vivir.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario