miércoles, 20 de febrero de 2013


Sacada por min






"A viaxe non remata xamais. Só os viaxeiros rematan. E tamén eles poden subsistir en memoria, en recordo, en narración... O obxectivo dunha viaxe é só o inicio doutra viaxe". José Saramago.
Hai moitas viaxes, moitos camiños e moitas maneiras de viaxar.
Sacada por min

VIAXES POR TERRAS DE GALICIA

Santo André de Teixido


Somos os galegos xente de tradicións e costumes ,de mitos e lendas ,conservadores de orixes e coa certeza de que a nosa terra de morriña e saudade garda rincóns para soñar.Uns deses lugares é Santo André Teixido,terra do meu avó materno ,terra que aprendín a querer e que adoito visitar polo menos unha vez ao ano.Gústame facer esa viaxe a pé ,andando ,disfrutando do camiño e das vistas espectaculares que nos regala a natureza ,e, ao mesmo tempo tratando de manter viva a tradición de ir camiñando a ver o Santo.

Sacada por min 
Camiño cara a Santo André.
Trece quilómetros dende Cedeira para iniciar a viaxe cara  ao que algúns consideraban o lugar onde empezaba o averno grazas a unha das súas lendas: "Vai de morto o que non foi de vivo".Está ben indicado e lévate por medio de natureza viva e de casas en proceso de restauración ata chegar ao camiño vello, alí onde antigamente comezaba a ofrenda e onde aínda hoxe, deixamos a nosa, xa que as pedras dos milladoiros ,dice a lenda, "falarán no xuízo final" para dicir que almas cumpriron coa promesa de ir a Santo André.Baixo as sete costas e atópome con moitos romeiros que veñen de visitar ao Santo .Chámame a atención unha muller que sube descalza .Falamos con ela e preguntámoslle por que vai así.Ela nos conta que tivo a súa filla moi enferma.Os médicos dicíanlle que non se podía facer nada.Pero deseguida lembróuse de Santo André ao que pedíu con grande fe que sanara á súa filliña .E sanou .Dende aquela,ven todos os anos ao santuario a agradecerlle ao santo o que fixo por ela.
Ao chegar ,vou coma sempre a visitar ao meu tío Antonio,que con 85 anos ,aínda que non o creades é o campaneiro do santuario .Cando queirades volo presento.Coméntolle o que vin na costa e cóntame que dende sempre recorda aos romeiros ,e tamén me dí que como antigamente non había estrada ,moitos destes romeiros quedabánse a durmir nas casas dos lugareños pois non había nin hai ningunha hospedaxe.Parece incrible que sendo o segundo lugar de Galicia en peregrinacións esté así a situación .
Agora vouvos levar por Santo André…






Tal e como se fai dende a cultura castreña, visito as pequenas rúas de Santo André .Todas son costas -costas- repletas de recordos nos baixos das casas dos seus habitantes, ata chegar á capela, da que xa o Padre Sarmiento falaba como pequena e pobre de adornos.É unha igrexa de estilo gótico mariñeiro, dunha soa nave. No altar maior hai un retablo barroco, do século XVIII, realizado por Miguel López de la Peña, e un relicario que contén un óso de Santo André .Como chegou aquí o óso do apóstolo? Por que está aquí o santuario ? A Barca do santo é outra das lendas de San Andrés de Teixido, que relata que o apóstolo chegou a este lugar en barca e debido á pouca visibilidade pola bruma chocou contra os acantilados e envorcou, quedando esta convertida en pedra.E, Por que San Andrés ? O Santo, algo envexoso da afluencia de peregrinos a Santiago, permanecía triste e apagado. Un día recibiu a visita do mesmo Señor en compañía de San Pedro. Como queira que o Santo formulase as súas queixas a tan insignes autoridades, o Todopoderoso prometeulle que ao seu santuario acudirían en romaxe todos os mortais e, quen non o fixera de vivo, viría a velo de morto.

Despois de visitar a capela, baixo cara á fonte dos tres canos. Bebo dos tres e pido un desexo para volver tras os meus pasos polas costas e polos recordos, onde non debemos deixar de falar cos paisanos e comprar os sanandresiños: as figuras feitas de pan e pintadas a man que representan a San Andrés, ao Pez...As boas rosquillas e recoller a " Herba de namorar" ( Armeria pubigera ) que,si sufrimos mal de amores, axudaranos a recuperar ao noso amado.E deixo este paraíso celta, ancorado no cume dunha elevada montaña, nos acantilados máis altos de Europa, como unha fortaleza de difícil acceso, onde ás veces, só poden entrar os mortos. E déixoa sabendo que a viaxe non remata, que son os viaxeiros os que se transforman.


No hay comentarios:

Publicar un comentario